A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 9 de decembro de 2021, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 30 de novembro de 2021, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. Texto Lexislativo
1.1 Debate e votación do Ditame, elaborado pola Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, do Proxecto de lei do Plan galego de estatística 2022-2026 (doc. núm. 21016, 11/PL-000010)
Punto 2. Comparecencia
2.1 25382 (11/CPP-000068)
Do conselleiro do Medio Rural, por petición propia, para informar da avaliación e dos resultados do Plan preventivo de incendios forestais para o 2021
Punto 3. Mocións
3.1 25490 (11/MOC-000070)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Seco García, Martín
Sobre a política do Goberno galego respecto do sector da carne de vacún (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 16842, publicada no BOPG núm. 229, do 18 de novembro de 2021, e debatida na sesión plenaria do 23 de novembro de 2021)
3.2 25517 (11/MOC-000071)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Lourenzo Sobral, Manuel Antonio
Sobre a política do Goberno galego en relación coa situación do idioma galego no ensino (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 23473, publicada no BOPG núm. 229, do 18 de novembro de 2021, e debatida na sesión plenaria do 23 de novembro de 2021)
3.3 25518 (11/MOC-000072)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, Xosé Luís
Sobre a situación económica do sector lácteo (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 24211, publicada no BOPG núm. 229, do 18 de novembro de 2021, e debatida na sesión plenaria do 23 de novembro de 2021)
Punto 4. Proposicións non de lei
4.1 11766 (11/PNP-001153)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e Ríos Santomé, Paulo
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para a creación do ente ferroviario galego
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 105, do 03.03.2021
4.2 12608 (11/PNP-001238)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Tabarés Pérez-Piñeiro, Iago e 3 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co control das residencias de maiores de Ourense
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 112, do 17.03.2021
4.3 23542 (11/PNP-002128)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Calvo Pouso, Diego e 8 máis
Sobre a demanda por parte da Xunta de Galicia ao Goberno de España da compensación ou indemnización ao colectivo de mariscadores da ría do Burgo, durante o período en que non poidan exercer a súa actividade como consecuencia da execución da dragaxe desta ría
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 216, do 21.10.2021
4.4 24063 (11/PNP-002162)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre a defensa por parte da Xunta de Galicia dos intereses do sector marítimo-pesqueiro e da súa cadea mar-industria fronte ás actuacións do Goberno central
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 220, do 03.11.2021
4.5 25088 (11/PNP-002259)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Ortega Otero, Marina e 3 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para orzar e executar a gratuidade nas escolas infantís de 0 a 3 anos desde xaneiro de 2022
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 232, do 24.11.2021
4.6 25177 (11/PNP-002269)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Arangüena Fernández, Pablo e Castro Rey, Paloma
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para protexer o bosque autóctono
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 232, do 24.11.2021
Punto 5. Interpelacións
5.1 24761 (11/INT-001285)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 2 máis
Sobre a regulación do sector eólico
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 228, do 17.11.2021
5.2 24884 (11/INT-001293)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez Fernández, Rosana e Bará Torres, Xosé Luís
Sobre a normativa mineira
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 232, do 24.11.2021
5.3 25154 (11/INT-001315)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Lago, Noelia e 3 máis
Sobre a política da Xunta de Galicia respecto do colectivo de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais no ámbito laboral
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 232, do 24.11.2021
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia
6.1 25620 (11/POPX-000049)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Caballero Miguez, Gonzalo
Sobre as medidas previstas polo Goberno galego para afrontar os riscos e efectos da sexta onda da covid
6.2 25622 (11/POPX-000050)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana
Sobre a posición da Presidencia da Xunta respecto dos problemas de Galicia
Punto 7. Preguntas ao Goberno
7.1 21971 (11/POP-003248)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Seco García, Martín e 2 máis
Sobre a situación da industria do automóbil de Vigo ante a falta de abastecemento de semicondutores
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 202, do 22.09.2021
7.2 25222 (11/POP-003560)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
Sobre as previsións do Goberno galego respecto da protección da serra da Groba, o monte O Galiñeiro e o monte Aloia diante da tramitación da autorización de parques eólicos
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 232, do 24.11.2021
7.3 25619 (11/PUP-000219)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Gómez, Alexandra e González Iglesias, María do Carme
Sobre as medidas previstas polo Goberno galego respecto das carencias que existen no ámbito educativo na localidade de Vigo
7.4 19341 (11/POP-002647)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 7 máis
Sobre a relación das entidades sociais beneficiarias das axudas concedidas con cargo ao 0,7 por cento do imposto sobre a rendas das persoas físicas para promover a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e loitar contra a violencia de xénero, así como o tipo de actuacións subvencionadas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 180, do 04.08.2021
7.5 23854 (11/POP-003421)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
González Albert, María e 3 máis
Sobre a cobertura de todas as prazas de especialistas de Radiodiagnóstico e Traumatoloxía do Hospital Público de Valdeorras
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 218, do 28.10.2021
7.6 24547 (11/POP-003497)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Amigo Díaz, María Encarnación e 6 máis
Sobre as vinte medidas remitidas pola Xunta de Galicia ao Ministerio de Sanidad para mellorar e flexibilizar o sistema de acreditación de prazas de formación sanitaria
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 228, do 17.11.2021
7.7 25072 (11/POP-003544)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Dacosta, María del Carmen e Seco García, Martín
Sobre as medidas previstas polo Goberno galego ante a grave perda de produción de castañas na campaña de 2021 en Ourense e Lugo
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 232, do 24.11.2021
7.8 25613 (11/PUP-000217)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e Otero Rodríguez, Patricia
Sobre a valoración do Goberno galego respecto do cumprimento da normativa vixente sobre a extracción de mexilla
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2021
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente