saltar ao contido

Acordos da Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, celebrada o 3 de decembro de 2021


A  Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 3 de decembro de 2021, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso

 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 24065 (11/PNC-002252)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Candia López, María Elena e 6 máis
Sobre a promoción dos controis na entrada de gando porcino e a intensificación das campañas de prevención e das medidas de bioseguridade das explotacións
BOPG n.º 220, do 03.11.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia para que promova un aumento dos controis nas entradas do gando porcino na nosa Comunidade, incluídas as que teñen orixe en Portugal, así como intensificar as campañas de prevención e as medidas de bioseguridade das nosas explotacións."

Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 23904 (11/PNC-002242)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, Xosé Luís e 2 máis
Sobre a promoción da indicación xeográfica protexida do Pan Galego e a recuperación das axudas do Plan de desenvolvemento rural
BOPG n.º 218, do 28.10.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 

"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
 
1. Promover de acordo co Consello Regulador IXP Pan Galego una campaña de sensibilización dirixida ao consumidor que resalte as bondades deste plan artesanal tanto na calidade do produto coma no efecto positivo que sobre a economía do rural pode e debe ser.
 
2. Recuperar as axudas recibidas en pagos directos á agricultura do PDR 2007- 2013 para o novo período de programación no marco do plan estratéxico da PAC 2023-2027 en fomento do cultivo das variedades de trigo do país por continuar a ser variedades vexetais en risco de erosión xenética de interese para a alimentación humana.
 
3. Impulsar dende AGACAL as acción necesarias de cara a aprobación da norma técnica para a elaboración artesanal do pan, co obxectivo de que o pan de centeo e millo galegos poidan levar o selo de Artesanía Alimentaria."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina