A Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 3 de decembro de 2021, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 23837 (11/PNC-002233)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Ferro Iglesias, José Luis e 6 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España para elaborar un novo Anteproxecto de lei de patrimonio histórico español
BOPG n.º 218, do 28.10.2021
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a instar ao Goberno de España a elaborar un novo anteproxecto de Lei de Patrimonio Histórico".
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 24466 (11/PNC-002290)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodeiro Tato, Ovidio e 6 máis
Sobre o desenvolvemento por parte da Xunta de Galicia de ferramentas que axuden e faciliten a formación das persoas ao longo da vida para a utilización de tecnoloxías dixitais
BOPG n.º 228, do 17.11.2021
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a desenvolver ferramentas que axuden e faciliten a formación das persoas ao longo da vida utilizando contornas dixitais".