saltar ao contido

Acordos da Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, celebrada o 17 de decembro de 2021

 
A  Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 17 de decembro de 2021, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso

 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 21530 (11/PNC-002036)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Vega Pérez, Daniel e 6 máis
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para poñer en marcha unha poxa dixital de gando vacún
BOPG n.º 202, do 22.09.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia, tendo en conta a competencia estatal das telecomunicacións e asistencia dun Ministerio que nomeadamente ten desde as súas funcións para a eliminación da brecha dixital, insta a Xunta de Galicia para que estean vixiantes nos plans de dixitalización postos en marcha para que sexan efectivos."
 
- 25052 (11/PNC-002341)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, Xosé Luís e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para actualizar os orzamentos dos plans de mellora á actividade agraria concedidos antes da suba xeneralizada dos prezos
BOPG n.º 232, do 24.11.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a:
1) Que como consecuencia da crise global de suministros solicite á Comisión europea ou en todo caso ao Goberno central que habilite fondos especiais para afrontar o incremento dos presos dos proxectos aprobados.
2) Que actualice o módulo de presos cando se produzan variacións, sempre que sexan significativas, nas vindeiras convocatorias de axudas de incorporación á actividade agraria, plans de mellora e pequenas explotacións."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina