saltar ao contido

Acordo da Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, celebrada o 18 de xaneiro de 2021


A  Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 18 de xaneiro de 2022, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión

Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 23397 (11/PNC-002201)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación co impacto do prezo da enerxía eléctrica nas empresas da industria do mar
BOPG n.º 213, do 15.10.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
1. Manter as axudas e destinadas a empresas de transformación e de acuicultura, para subvencionar proxectos de mellora da eficiencia enerxética a través do novo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMPA).
2. Demandar ao Goberno do Estado unha liña de actuación específica destinada a paliar o impacto desta suba do prezo da enerxía eléctrica nas empresas da industria do mar”.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina