saltar ao contido

Moción aprobada polo Pleno do Parlamento de Galicia o 25 de xaneiro de 2022


 
 
2.3 26585 (11/MOC-000078)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez Fernández, Rosana
Sobre a política da Xunta de Galicia respecto dos conflitos entre bateeiros e percebeiros (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 24985, publicada no BOPG núm. 232, do 24 de novembro de 2021, e debatida na sesión plenaria do 21 de decembro de 2021)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 250, do 03.01.2022
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
 “O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a:
 
- Retomar de inmediato e non cesar as reunións do Grupo de Traballo constituído entre a Administración e os sectores mexilloeiro e percebeiro, sen imposicións de ningún tipo, ata acordar unha normativa que regule a actividade da extracción da mexilla que asegure os intereses de ambos sectores.
 
- Realizar os investimentos necesarios en investigación e tecnoloxías que permitan poñer en práctica todas aquelas medidas alternativas que leven progresivamente ao autoabastecemento da semente.
 
- Levar a cabo todas as accións necesarias para evitar, dende a mediación e o diálogo, calquera posíbel enfrontamento entre colectivos que teñen nas rías e no mar a súa fonte de vida e dan vida ás localidades da nosa costa”.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina