saltar ao contido

Acordos da Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, celebrada o 15 de marzo de 2022

A  Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 15 de marzo de 2022, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión

 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 27677 (11/PNC-002533)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España respecto da articulación dunha liña de axudas para a frota da pescada sur no sentido da anunciada para compensar as perdas económicas da frota de arrastre do Mediterráneo
BOPG n.º 259, do 19.01.2022

 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar do Goberno de España, a articulación dunha liña de axudas para a frota da pescada Sur no senso da anunciada para compensar as perdas económicas da frota de arrastre do Mediterráneo”.
 
- 30781 (11/PNC-002759)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Rodríguez, Patricia e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para facilitar o acceso das mulleres aos órganos de dirección, representación e organización no sector da pesca
BOPG n.º 281, do 23.02.2022

 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a adoptar as medidas necesarias de cara a promover e facilitar o acceso das mulleres aos órganos de dirección, representación e organización no sector de pesca galego."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina