A Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 16 de marzo de 2022, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 26080 (11/PNC-002454)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Castro Rey, Paloma e Arangüena Fernández, Pablo
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para evitar o uso delituoso das tecnoloxías da información e a ciberdelincuencia
BOPG n.º 246, do 22.12.2021
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a levar a cabo campañas dirixidas á cidadanía para informar e concienciar sobre a importancia da ciberseguridade, alertar das condutas que poden ser sospeitosas de estafa e para mellorar as capacidades no uso da tecnoloxía dixital.”