saltar ao contido

Moción aprobada polo Pleno do Parlamento de Galicia o 22 de marzo de 2022

4.2 32129 (11/MOC-000089)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Díaz Varela, Noa Susana
Sobre o Plan galego de conciliación e corresponsabilidade 2018-2021 (Moción consecuencia da Interpelación nº 30681, publicada no BOPG nº 282, do 24.2.2022, e debatida na sesión plenaria do 8.3.2022)
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
 
1º.- Presentar no Parlamento de Galicia, antes de que remate o ano, a avaliación do I Plan galego de conciliación e corresponsabilidade 2018-2021, xunto ao Plan de actuacións para a igualdade nos centros educativos de Galicia.
 
2º.- Presentar no Parlamento de Galicia, antes de que remate o ano, o II Plan galego de conciliación e corresponsabilidade 2022-2025 que, coa corresponsabilidade como reto prioritario, recolla xa accións concretas e orzamentadas a desenvolver nos eidos sanitario, educativo, social, etc.
 
3º.-Realizar un estudo exhaustivo en colaboración coas universidades galegas sobre corresponsabilidade en Galicia, con datos sobre reparto dos tempos e de distribución de tarefas domésticas e dos coidados entre mulleres e homes, así como da percepción social que existe sobre esta materia.
 
4º.-Deseñar unha campaña de sensibilización e concienciación no ámbito da corresponsabilidade familiar, promovendo a participación dos homes como referentes necesarios na coeducación e nos coidados no ámbito das familias”.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina