saltar ao contido

CERMI Galicia entrega ao Parlamento un manifesto no Día Nacional da Convención Internacional sobre os dereitos das persoas con discapacidade

Santiago, 3 de maio de 2022.- Unha delegación de CERMI Galicia (Comité de entidades representantes de persoas con discapacidade) entregou hoxe ao Parlamento de Galicia un manifesto elaborado para o Día Nacional  da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade das Nacións Unidas, que se celebra este 3 de maio.
 
A delegación, encabezada polo presidente de CERMI Galicia, Luciano Fernández Pintor, foi recibida polo presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, que estivo acompañado por unha representante de cada grupo parlamentario: Rosalía López (PPdeG), Olaia Rodil (BNG) e Marina Ortega (PSdeG-PSOE).
 
A Convención Internacional sobre os dereitos das Persoas con Discapacidade e o seu Protocolo Facultativo foron aprobados pola Asemblea Xeral da UNU o 13 de decembro de 2016. España ratificouno en 2007 e o 3 de maio de 2018 entrou en vigor, pasando a formar parte do seu ordenamento xurídico. Os principios e dereitos recoñecidos nesta Convención implican un cambio no concepto da discapacidade, consagrando o enfoque de dereitos deste colectivo.

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina