saltar ao contido

Convocatoria da sesión plenaria ordinaria do Parlamento de Galicia prevista para o 24 de maio de 2022

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 24 de maio de 2022, ao remate da sesión plenaria específica prevista na mesma data, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 18 de maio de 2022, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Elección da Vicepresidencia Primeira da Mesa da Cámara
 
Punto 2. Comparecencia

 
2.1 34980 (11/CPP-000084)
 Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias
 Da Sra. conselleira do Mar, por petición propia, para dar conta do ditame do Consello Galego de Pesca sobre a revisión da política pesqueira común (PPC)
 
Punto 3. Mocións
 
3.1 34304 (11/MOC-000097)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Otero Lago, Noelia
 Sobre a cobertura das baixas do persoal docente (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 33350, publicada no BOPG núm. 306, do 12 de abril, e debatida na sesión plenaria do 26 de abril)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 315, do 04.05.2022
 
3.2 34326 (11/MOC-000098)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Queixas Zas, Mercedes
Sobre a política do Goberno galego respecto da dinamización da lectura (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 31585, publicada no BOPG núm. 289, do 9 de marzo de 2022, e debatida na sesión plenaria do 26 de abril)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 315, do 04.05.2022
 

Punto 4. Proposicións non de lei
 
4.1 28900 (11/PNP-002515)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel e 7 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España para que restableza o réxime de excepcións vixente desde o ano 2015, que excluía da obriga de cotizar como autónomo  aquelas persoas que teñan ingresos como titulares de explotacións agrarias cando non superen determinados limiares de renda e rendemento económico
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 270, do 03.02.2022
 
4.2 30930 (11/PNP-002680)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia respecto da necesidade de atender a saúde mental no ámbito educativo
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 281, do 23.02.2022
 
4.3 32218 (11/PNP-002780)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez Fernández, Rosana e 2 máis
Sobre as demandas que debe formular a Xunta de Galicia ao Goberno do Estado en relación cos prexuízos que suporía para o sector pesqueiro a implantación de instalacións eólicas mariñas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 296, do 23.03.2022
 
4.4 33466 (11/PNP-002930)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Álvarez Martínez, Luis Manuel e 3 máis
Sobre o apoio ás medidas do Goberno de España respecto do endurecemento das sancións contra o réxime de Putin e a realización dun chamamento ao presidente ruso para que poña fin á guerra
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 306, do 12.04.2022
 

4.5 34052 (11/PNP-002991)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Díaz Varela, Noa Susana e Otero Lago, Noelia
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia respecto do cumprimento da Lei 17/2006, do libro e da lectura de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 315, do 04.05.2022
 
4.6 34085 (11/PNP-002996)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Díaz Mouteira, María Sol e 6 máis
Sobre a asunción polo Parlamento de Galicia do Manifesto pola seguridade xurídica do planeamento territorial e urbanístico asinado por trece gobernos autonómicos no marco do Encontro Xacobeo 21-22 por un urbanismo responsable
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 315, do 04.05.2022
 
Punto 5. Interpelacións
 
5.1 30337 (11/INT-001500)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
González Albert, María e 2 máis
Sobre a propiedade veciñal dos montes en man común
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 277, do 16.02.2022
 
5.2 30478 (11/INT-001506)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 2 máis
Sobre a distribución de fondos públicos a entidades locais mediante convenios
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 282, do 24.02.2022
 
5.3 33434 (11/INT-001695)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Dacosta, María del Carmen e 2 máis
Sobre a política do Goberno galego en materia de emprego
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 306, do 12.04.2022
 

5.4 34252 (11/INT-001750)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 2 máis
Sobre a loita contra a endometriose
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 315, do 04.05.2022
 

Punto 6. Preguntas para resposta oral do presidente da Xunta de Galicia
 
6.1 34982 (11/POPX-000067)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre as medidas previstas polo Goberno galego ante a difícil situación actual
 
6.2 34986 (11/POPX-000068)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana
Sobre as propostas que ten o Goberno galego para evitar que a lingua galega siga perdendo falantes
 
Punto 7. Preguntas ao Goberno
 
7.1 34389 (11/POP-004988)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Gallego Sanromán, María Leticia e Seco García, Martín
Sobre a continuidade do sistema de subvencións de concorrencia competitiva para asociacións e federacións de comerciantes, centros comerciais abertos, mercados e prazas de abastos para o ano 2022
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 318, do 12.05.2022
 
7.2 34976 (11/PUP-000254)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Seco García, Martín e 2 máis
 Sobre as previsións do Goberno galego de utilizar as súas competencias para levar a cabo algunha iniciativa que evite a perda dun cento de postos de traballo no antigo estaleiro de Barreras
 
7.3 34981 (11/PUP-000255)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Nóvoa Iglesias, Marta e 6 máis
Sobre a valoración da Xunta de Galicia das actuacións levadas a cabo polo Goberno central en relación coa execución dos PERTE e cos proxectos estratéxicos presentados desde Galicia
 
7.4 34446 (11/POP-004992)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Ortega Otero, Marina e Rodríguez Dacosta, María del Carmen
Sobre a conduta do alcalde de Ourense contra unha representante sindical
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 318, do 12.05.2022
 
7.5 34985 (11/PUP-000256)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Tabarés Pérez-Piñeiro, Iago e 3 máis
Sobre a agresión do alcalde de Ourense a unha representante sindical
 
7.6 34195 (11/POP-004967)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Gómez, Alexandra e 2 máis
Sobre a valoración da Xunta da execución e dos resultados das axudas ao alugueiro a menores de 35 anos en 2021
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 315, do 04.05.2022
 
7.7 26653 (11/POP-003750)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodeiro Tato, Ovidio e 6 máis
Sobre o desenvolvemento por parte da Consellería de Cultura, Educación e Universidade das medidas previstas na Estratexia de educación dixital 2030
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 255, do 12.01.2022
 
7.8 34369 (11/POP-004987)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, Xosé Luís e 2 máis
Sobre as axudas ás pequenas e medianas explotacións gandeiras de carne
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 318, do 12.05.2022
 
7.9 26789 (11/POP-003804)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre as actuacións levadas a cabo polo Goberno galego co obxecto de superar as dificultades que está a encontrar Galicia na execución do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 255, do 12.01.2022
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.
 
Santiago de Compostela, 18 de maio de 2022
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina