saltar ao contido

Acordos da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 8 de xuño de 2022

A  Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 8 de xuño de 2022, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación con modificacións
 
- 33034 (11/PNC-002985)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 14 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno do España para que asuma o compromiso de garantir a interconexión enerxética de todos os territorios
BOPG n.º 300, do 30.03.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, por 9 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a solicitar ao Goberno de España que asuma o compromiso firme e claro de garantir a interconexión enerxética de todos os territorios e, en concreto:
 
1. Promover o financiemento con fondos europeos das infraestruturas de interconexión necesarias  para a integración de Galicia e da zona noroeste peninsular, incluíndo a construción do gaseoduto Guitiriz-Zamora, para impulsar no medio e longo prazo o transporte de gases renovables e de hidróxeno, de acordo cos escenarios do Plan nacional de enerxía e clima 2021-2023 para cubrir as necesidades do sistema no futuro contexto enerxético.
 
2. Promover en igual medida, no actual contexto europeo, o apoio ao desenvolvemento da terceira interconexión con Portugal con fondos europeos, garantindo a integración de todos os territorios da península ibérica.
 
3. Realizar as xestións necesarias para que a eventual posta en servizo definitiva das instalación de gas natural licuado de El Musel en Xixón, en ningún momento prexudique os intereses de Galicia e moi concretamente o funcionamento das súas instalacións e a seguridade da subministración de gas natural.”

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina