saltar ao contido

Acordo da Comisión 4ª,Educación e Cultura, celebrada o 10 de xuño de 2022

A Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 10 de xuño de 2022, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións

 
- 33044 (11/PNC-002988)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Vázquez Domínguez, Sandra e 14 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para poñer en marcha novas medidas para favorecer o acceso a formatos dixitais de obras en galego e fomentar a lectura dixital de calidade
BOPG n.º 300, do 30.03.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 0 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a poñer en marcha novas medidas para favorecer o acceso a formatos dixitais de obras en galego e fomentar a lectura dixital de calidade".

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina