saltar ao contido

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 15 de xuño de 2022

4.1 9754 (11/PNP-000976)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central da convocatoria da Comisión Mixta de Transferencias para impulsar a transferencia a Galicia da xestión da autoestrada AP-9 e das outras competencias reflectidas nos acordos parlamentarios
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 91, do 10.02.2021
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia acorda como resolución manter a defensa da proposición de lei de transferencia de competencias da AP-9 nos termos en que foi aprobada por unanimidade polo Pleno e instar aos grupos políticos a que axilicen a súa probación polo Congreso dos Deputados.
Asemade, o Parlamento insta a Xunta a reiterar diante do Goberno  do Estado a demanda da convocatoria da Comisión Mixta de Transferencias para impulsar a transferencia da titularidade da autoestrada AP-9, da ordenación e xestión do dominio público marítimo-terrestre, así como doutras competencias sobre as que xa houbo acordos parlamentarios e que xa foron transferidas ou están en proceso de negociación con outras comunidades autónomas”.
 
4.2 23835 (11/PNP-002145)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
rado del Río, Paula e 6 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Ministerio do Interior da articulación dun concurso de méritos na Policía Nacional para cubrir vacantes na Unidade de Policía Adscrita
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 218, do 28.10.2021
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia Insta á Xunta de Galicia a solicitar do Goberno de España que por parte do Ministerio do Interior a través da Dirección General da Policía se articule un concurso de méritos na Policía Nacional que permita cubrir vacantes na Unidade de Policía Adscrita para incrementar a 500 os seus efectivos, de xeito que esta Unidade poida cumprir coas funcións que actualmente está prestando".

4.3 33795 (11/PNP-002963)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Nóvoa Iglesias, Marta e 7 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España en relación coa tramitación ambiental dos parques eólicos e a non aplicación dos criterios do Real decreto lei 6/2022 para eliminar en determinados parques eólicos o procedemento de avaliación ambiental, o trámite de información pública e as peticións de informes sectoriais que permiten unha axeitada tramitación ambiental
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 312, do 27.04.2022
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar ao Goberno de España que non se apliquen os criterios do Real Decreto-lei 6/2022 para eliminar en determinados parques eólicos o procedemento de avaliación ambiental, o trámite de información pública e as peticións de informes sectoriais que permiten unha axeitada tramitación ambiental”.
 
4.4 34225 (11/PNP-003011)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Seco García, Martín e Rodríguez Dacosta, María del Carmen
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego respecto de informar o Parlamento sobre a creación da Comisión de avaliación e seguimento da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 315, do 04.05.2022
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a:
 
1º) Informar ao Parlamento galego sobre a creación da Comisión de avaliación e seguimento da Lei de recuperación de terra agraria de Galicia que a propia lei establece que se constituiría no prazo dun ano desde a súa entrada en vigor.
 
2º) Informar ao Parlamento de Galicia do Plan de acción anual para 2022 das actuacións en materia de recuperación agraria, con indicación de obxectivos, o orzamento, os recursos materiais e humanos, as entidades colaboradoras e a previsión de resultados. Un informe, que segundo a lei debería ser publicado na páxina web de Agader, incluiría, como mínimo, as actuacións do Banco de Terras de Galicia e do Banco de Explotacións, así como o desenvolvemento dos instrumentos de ordenación á Comisión de Seguimento e ao Parlamento de Galicia sobre as actuacións realizadas en materia de recuperación da terra agraria”.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina