A Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 16 de xuño de 2022, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 25938 (11/PNC-002438)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pazos Couñago, José Alberto e 6 máis
Sobre a ampliación por parte da Xunta de Galicia da Rede galega de atención temperá mediante a posta en marcha de novas unidades especializadas en previr e tratar trastornos do desenvolvemento
BOPG n.º 243, do 17.12.2021
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a continuar ampliando a rede galega de atención temperá mediante a posta en marcha de novas unidades especializadas en previr e tratar trastornos do desenvolvemento en nenas e nenos de ata 6 anos.”
- 35252 (11/PNC-003229)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e Ortega Otero, Marina
Sobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego para solucionar o problema de recursos humanos na atención primaria garantizando a equidade territorial e fixando os criterios de colaboración cos concellos
BOPG n.º 325, do 01.06.2022
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
1. Garantir a equidade territorial entre concellos no esforzo de cobertura de prazas de facultativos de atención primaria, tamén no verán.
2. Definir o criterio da Consellería de Sanidade sobre a súa dispoñibilidade a asinar convenios con concellos sobre a cobertura de prazas nos centros de atención primaria municipais.
3. Facer público o documento asinado polo xerente do Sergas co Concello de Sanxenxo."