A Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 17 de xuño de 2022, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 34203 (11/PNC-003118)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Seco García, Martín e Rodríguez Dacosta, María del Carmen
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en apoio do sector agrario
BOPG n.º 315, do 04.05.2022
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a implementar con axilidade unha liña de axudas directas ao sector agrario, complementario e da mesma cantidade que o dedicado polo Estado aos produtores de Galicia e destinado aos sectores cárnicos e da pataca galegos."
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 34076 (11/PNC-003105)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Candia López, María Elena e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia respecto da prohibición da venda a perdas no sector lácteo
BOPG n.º 315, do 04.05.2022
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a emprender todas aquelas actuacións que permitan potenciar o control da prohibición da venda a perdas mediante os mecanismos correspondentes como o desenvolvemento e a posta en funcionamento das actuacións do observatorio de prezos e a unidade que se encargará da información e control alimentarios en Galicia.”