saltar ao contido

Acordo da Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, celebrada o 22 de xuño de 2022

A  Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 22 de xuño de 2022, adoptou o seguinte acordo:

Aprobación sen modificacións
- 35284 (11/PNC-003234)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rey Varela, José Manuel e 9 máis
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia ante o Goberno central para o abastecemento de auga da cidade de Vigo e do sur da provincia de Pontevedra
BOPG n.º 328, do 08.06.2022
 
Sométese a votación separada por puntos:
 
Puntos 1, 3 e 4: resultan aprobados por 10 votos a favor, 2 votos en contra e 0 abstencións.

Punto 2: resulta aprobado por 7 votos a favor, 2 votos en contra e 3 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento insta ao Goberno galego a pedir ao Goberno español que:

1. Renuncie ao bombeo de auga desde o río Verdugo ao río Oitavén, por estar acreditada como unha medida cun alto impacto e completamente ineficaz para garantir o abastecemento de auga a Vigo e ao sur da provincia de Pontevedra.

2. Inicie a tramitación ambiental para avaliar a viabilidade do conxunto de medidas propostas no estudo realizado pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil para o abastecemento a Vigo e ao sur da provincia de Pontevedra.

3. Declare o abastecemento á cidade de Vigo de interese xeral do Estado.

4. Convoque unha xuntanza cos concellos afectados polas actuacións propostas e coa Xunta de Galicia para explicar e achegar información pormenorizada sobre as alternativas propostas e sobre as súas previsións de actuación."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina