A Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 22 de xuño de 2022, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 2556 (11/PNC-000274)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 6 máis
Sobre o impulso polo Goberno galego, a través da Academia Galega de Seguridade, de cursos ou xornadas en materia de inspección do xogo, dirixidas ao persoal dos corpos e forzas de seguridade
BOPG n.º 27, do 07.10.2020
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia, insta a Xunta de Galicia a promover a través da Academia Galega de Seguridade cursos ou xornadas en materia de inspección do xogo, dirixidas ao persoal dos corpos e forzas de seguridade (Garda Civil, Policía Local, Policía Nacional e Unidade de Policía Adscrita) para facilitarlles as tarefas de inspección e control dos establecementos de xogo e das máquinas e aparellos de xogo aos efectos de comprobar o debido cumprimento da normativa existente."