saltar ao contido

Acordos da Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, celebrada o 6 de xullo de 2022

A  Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 6 de xullo de 2022, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 34690 (11/PNC-003171)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
González Albert, María e 2 máis
Sobre a tramitación pola Xunta de Galicia respecto dunha liña de axudas para a prevención de danos por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común
BOPG n.º 320, do 19.05.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a convocar e tramitar con celeridade unha liña de axudas específica para a prevención de danos por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (SOFOR) cofinanciadas co fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina