saltar ao contido

Acordos da Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 14 de xullo de 2022

A  Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 14 de xullo de 2022, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 35732 (11/PNC-003289)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 8 máis
Sobre o rexeitamento por parte do Parlamento de Galicia da conduta do alcalde de Pol contra un afeccionado dun equipo de Portomarín durante un partido de fútbol o día 8 de maio de 2022
BOPG n.º 332, do 15.06.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia acorda, como resolución, expresar a súa condena e rexeitamento á conduta protagonizada polo alcalde de Pol dirixida contra un afeccionado dun equipo de Portomarín durante un partido de fútbol o día 8 de maio de 2022, por canto evidencia total intolerancia e agresividade, comportamento impropio dun cargo público institucional”.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina