saltar ao contido

Convocatoria da Deputación Permanente do Parlamento de Galicia para o día día 28 de xullo de 2022

A Presidencia, á vista da solicitude formulada polo G.P.do Bloque Nacionalista Galego resolveu convocar a Deputación Permanente para o día 28 de xullo de 2022, ás 12:00 horas, coa seguinte orde do día:

Punto 1. Elección de vicepresidente ou vicepresidenta

Punto 2. Solicitude do Bloque Nacionalista Galego de convocatoria urxente dunha reunión da Deputación Permanente, coa seguinte orde do día: convocatoria dun pleno extraordinario que contemple na orde do día a comparecencia do conselleiro de Medio Rural diante da gravísima situación na que nos atopamos pola vaga de lumes que está a sufrir o país e as deficiencias no Servizo de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais (doc. núm. 37197, 11/SCDP-000008)

O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2022

Miguel Ángel Santalices Vieira

 Presidente


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina