3.3 42077 (11/MOC-000117)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Arangüena Fernández, Pablo
Sobre as políticas de prevención de incendios do Goberno galego (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 40146, publicada no BOPG núm. 379, do 14 de setembro de 2022, e debatida na sesión plenaria do 27 de setembro de 2022)
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a mellorar a xestión dos incendios nos espazos naturais protexidos de Galicia, a través das seguintes medidas:
1.- Incrementar os labores de prevención de incendios neses espazos, sempre de forma respectuosa cos seus valores ambientais.
2.- Establecer mapas de riscos e protocolos de actuación específicos para o caso de incendio neses espazos.
3.- Avaliar o coste de implantar pagos por servizos
ecosistémicos nos espazos naturais protexidos de Galicia”.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.