A Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 6 de outubro de 2022, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 39852 (11/PNC-003523)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez Carrera, María Felisa e 5 máis
Sobre a demanda que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno central para facilitar a obtención de certificados de titularidade das contas, saldos e posicións bancarias dunha persoa falecida, coas cautelas que exixa a lexislación vixente; en especial, en materia de protección de datos
BOPG n.º 375, do 07.09.2022
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que estude a posibilidade de habilitar un rexistro centralizado onde poder obter o certificado de titularidade das contas, saldos e posicións bancarias dunha persoa falecida, coas cautelas que esixa a lexislación vixente, en especial en materia de protección de datos.”
- 39890 (11/PNC-003531)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 6 máis
Sobre a colaboración e cooperación que debe manter a Xunta de Galicia coas asociacións que tratan os problemas de adicción ao xogo apoiando a realización de actividades e campañas informativas
BOPG n.º 375, do 07.09.2022
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a manter unha estreita colaboración e cooperación coas asociacións que tratan os problemas de adicción ao xogo apoiando a realización de actividades e campañas informativas.”