saltar ao contido

Unha delegación do Foro Liceo de Ourense explicou o seu traballo ao presidente do Parlamento de Galicia

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2022.- Unha delegación do Foro Liceo de Ourense visitou este mediodía o Parlamento de Galicia, onde mantiveron unha reunión co presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, ao que explicaron os diferentes estudos que teñen realizado a prol do desenvolvemento da provincia. O Foro Liceo, constituído en maio de 2018, está integrado por 16 colexios profesionais, empresariais e culturais de Ourense, coa colaboración do Campus Universitario.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina