saltar ao contido

Acordos da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 10 de novembro de 2022

A Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 10 de novembro de 2022, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación con modificacións
 
- 24536 (11/PNC-002296)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Amigo Díaz, María Encarnación e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para reformar en 2022 o Decreto 105/2017, do 28 de setembro, polo que se regula o sistema de garantía de tempos máximos de acceso ás prestacións sanitarias públicas, co obxecto de incrementar o número de patoloxías cubertas por este
BOPG n.º 228, do 17.11.2021
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 3 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a reformar en 2022 o Decreto 105/2017, do 28 de setembro, polo que se regula o sistema de garantía de tempos máximos de acceso ás prestacións sanitarias públicas, co obxecto de incrementar o número de patoloxías cubertas por este.
Realizar un informe antes de que termine o ano 2022, e remitilo ao Parlamento de Galicia, que inclúa os datos definitivos de derivacións realizados á atención sanitaria concertada, e o seu custe, durante os anos 2018 a 2021."

- 42168 (11/PNC-003698)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Castro Rey, Paloma e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para mellorar a atención sanitaria no concello de Bueu
BOPG n.º 394, do 13.10.2022
 
Sométese a votación por puntos co resultado seguinte:

Punto 1º: aprobado pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes

Puntos 2º e 3º: rexeitados por 5 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a mellorar a atención sanitaria no concello de Bueu, nomeadamente:
 
1. Cubrir as baixas e vacacións do persoal médico que desempeña funcións no PAC de Bueu."
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 34479 (11/PNC-003151)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Queixas Zas, Mercedes e 3 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para garantir a comunicación das persoas xordas no acceso á sanidade pública
BOPG n.º 318, do 12.05.2022
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta a dar cumprimento ao acordo parlamentario unánime do 25 de febreiro de 2021 co obxectivo de garantir unha comunicación de calidade para as persoas xordas no acceso á sanidade pública galega, demandando da Consellería de Sanidade o compromiso de creación dunha bolsa de intérpretes a disposición do colectivo de persoas xordas as 24 horas do día."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina