A Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 26 de xaneiro de 2023, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 46734 (11/PNC-004032)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Amigo Díaz, María Encarnación e 14 máis
Sobre a demanda que debe facer a Xunta de Galicia ante o Ministerio de Sanidade en relación co sistema de elección de prazas MIR
BOPG n.º 436, do 12.01.2023
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 2 votos en contra e 0 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar do Ministerio de Sanidade a modificación do sistema de elección de prazas MIR para garantir que no acto de elección do presente ano 2023 todas as persoas aspirantes teñan o coñecemento en tempo real de todas as prazas dispoñibles para elas, co obxectivo de que non se repita o resultado de prazas desertas en toda España que deixou o actual sistema en 2022"
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 44891 (11/PNC-003943)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e 2 máis
Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia para garantir un espazo acondicionado como sala de espera nas urxencias pediátricas do Hospital Lucus Augusti, en Lugo
BOPG n.º 424, do 21.12.2022
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento insta á Xunta de Galicia a adoptar as medidas que sexan necesarias para garantir un espazo acondicionado como sala de espera nas urxencias pediátricas do HULA"