saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento previsto para o 7 de febreiro de 2023

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 7 de febreiro de 2023, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 31 de xaneiro de 2023, a orde do día da sesión é a seguinte:


Punto 1. Texto Lexislativo
1.1 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, de reforma da Lei 9/2011, do 9 de novembro de 2011, dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia (doc. núm. 42826, 11/PPL-000013)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 401, do 26.10.2022
Punto 2. Comparecencia
2.1 48689 (11/CPP-000115)
Da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, por petición propia,  para informar sobre as políticas da Xunta en materia de solo empresarial
Punto 3. Mocións
3.1 48340 (11/MOC-000136)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa
Sobre a situación macroeconómica de principios de 2023 (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 45218, publicada no BOPG núm. 428, do 28 de decembro de 2022, e debatida na sesión plenaria do 24 de xaneiro de 2023)
3.2 48525 (11/MOC-000137)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Lago, Noelia
Sobre as axudas en materia de vivenda para a mocidade (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 45499, publicada no BOPG núm. 431, do 4 de xaneiro de 2023, e debatida na sesión plenaria do 24 de xaneiro de 2023)


Punto 4. Proposicións non de lei
4.1 34793 (11/PNP-003862)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Proposición non de lei, de iniciativa popular, pola que se insta a Xunta de Galicia a aprobar un plan de choque que axude os mozos e as familias galegas a afrontaren a subida do prezo dos combustibles
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 425, do 22.12.2022
Publicación do acordo, BOPG n.º 429, do 29.12.2022
4.2 45194 (11/PNP-003837)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Alfonzo, Ramón e 3 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para negociar coas entidades financeiras a constitución dun fondo de rescate hipotecario
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 428, do 28.12.2022
4.3 45318 (11/PNP-003851)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e Fernández Alfonzo, Ramón
Sobre as medidas que debe impulsar a Xunta de Galicia para reducir a dependencia dos combustibles fósiles e favorecer que Galicia sexa compensada polo seu papel produtor
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 428, do 28.12.2022
4.4 46730 (11/PNP-003903)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Amigo Díaz, María Encarnación e 14 máis
Sobre a demanda que debe facer a Xunta de Galicia ante o Goberno central para prolongar o servizo activo do persoal médico de atención primaria
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 435, do 11.01.2023
4.5 47099 (11/PNP-003936)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 7 máis
Sobre a demanda que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno de España para solicitarlle ao presidente do Goberno o cesamento inmediato da secretaria de Estado de Igualdade
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 441, do 25.01.2023

4.6 47592 (11/PNP-003962)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Caballero Miguez, Gonzalo e Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para implementar unha política activa de apoio empresarial que acompañe as pequenas e medianas industrias e os traballadores autónomos
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 441, do 25.01.2023
Punto 5. Interpelacións
5.1 44622 (11/INT-002197)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, Xosé Luís e 2 máis
Sobre as axudas á agricultura ecolóxica
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 420, do 14.12.2022
5.2 44916 (11/INT-002217)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Seco García, Martín e Rodríguez Dacosta, María del Carmen
Sobre as axudas para os produtores agrogandeiros en ecolóxico
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 424, do 21.12.2022
5.3 46698 (11/INT-002262)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
Sobre a atención primaria no Sistema sanitario público galego
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 435, do 11.01.2023
5.4 47324 (11/INT-002291)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Díaz Varela, Noa Susana e 3 máis
Sobre os dereitos sexuais e reprodutivos da muller
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 441, do 25.01.2023

Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia
6.1 48666 (11/POPX-000093)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre as medidas que vai a adoptar o Goberno galego para resolver os problemas estruturais que presenta o sistema sanitario público
6.2 48667 (11/POPX-000094)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana
Sobre a política sanitaria do Goberno galego
Punto 7. Preguntas ao Goberno

7.1 48656 (11/PUP-000302)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña
Sobre o protocolo utilizado polos altos cargos do Goberno galego nas visitas institucionais a concellos nos que se van a realizar investimentos


7.2 45896 (11/POP-006855)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel e 7 máis
Sobre o uso da tarxeta Xente Nova
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 431, do 04.01.2023


7.3 46654 (11/POP-007126)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodeiro Tato, Ovidio e 6 máis
Sobre a análise que fai o Goberno galego dos fondos para o financiamento das universidades públicas galegas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 438, do 19.01.2023
7.4 46172 (11/POP-006955)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pérez López, Noelia e 6 máis
Sobre as accións que está a desenvolver o Goberno galego para favorecer a incorporación ao mercado laboral das persoas desempregadas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 435, do 11.01.2023


7.5 45113 (11/POP-006664)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e 2 máis
Sobre a valoración do Goberno de Galicia respecto do incremento dos problemas coñecidos entre os equipos profesionais e a dirección da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 428, do 28.12.2022
7.6 46406 (11/POP-007056)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Castro Rey, Paloma e 2 máis
Sobre os futuros usos do Hospital Provincial de Pontevedra
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 435, do 11.01.2023
7.7 47011 (11/POP-007194)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Ríos Santomé, Paulo e Prado Cores, María Montserrat
Sobre as medidas previstas pola Xunta de Galicia para recuperar un servizo médico de calidade na Casa do Mar de Moaña
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 442, do 26.01.2023
7.8 47193 (11/POP-007218)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 2 máis
Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego para garantir a atención do servizo de pediatría na comarca de Monterrei
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 442, do 26.01.2023
7.9 48612 (11/PUP-000300)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez Fernández, Rosana
Sobre as previsións da Xunta de Galicia de cubrir a falta de facultativo no consultorio periférico de Corrubedo

7.10
46842 (11/POP-007158)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Rodríguez, Patricia e Torrado Quintela, Julio
Sobre as medidas previstas polo Goberno galego para apoiar o sector do cerco de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 438, do 19.01.2023

Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2023
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente




Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina