saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 21 de marzo de 2023

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 21 de marzo de 2023, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.

 

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 14 de marzo de 2023, a orde do día da sesión é a seguinte:

 

Punto 1.Comparecencia
  
1.151357 (11/CPP-000120)
 Da conselleira do Mar, por petición propia, para avaliar as catro comunicacións en materia de pesca feitas o 21 de febreiro de 2023
  
Punto 2.Mocións
  
2.151243 (11/MOC-000146)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pérez Fernández, Rosana
 Sobre a rexeneración dos bancos marisqueiros das rías (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 48403, publicada no BOPG núm. 446, do 1 de febreiro de 2023, e debatida na sesión plenaria do 7 de marzo de 2023)
  
2.251247 (11/MOC-000147)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Otero Lago, Noelia
 Sobre a igualdade nos centros de ensino (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 47667, publicada no BOPG núm. 441, do 25 de xaneiro de 2023, e debatida na sesión plenaria do 7 de marzo de 2023)
  
2.351257 (e c.e. 51288) (11/MOC-000148)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Otero Rodríguez, Patricia
 Sobre a creación dun observatorio de igualdade de xénero no sector pesqueiro (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 30749, publicada no BOPG núm. 282, do 24 de febreiro de 2022, e debatida na sesión plenaria do 7 de marzo de 2023)
  
Punto 3.Proposicións non de lei
  
3.145199 (11/PNP-003838)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 González Albert, María e 2 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa reparación dos danos causados polos incendios que se produciron en Galicia no mes de xullo de 2022
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 428, do 28.12.2022
  
3.246507 (11/PNP-003878)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Nóvoa Iglesias, Marta e 6 máis
 Sobre a demanda que debe facer a Xunta de Galicia ante o Goberno central para garantir investimentos estratéxicos no sector téxtil en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 435, do 11.01.2023
  
3.349894 (11/PNP-004111)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Balseiro Orol, José Manuel e 6 máis
 Sobre a demanda que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno de España respecto da reconstrución do viaduto do Castro, da autovía do Noroeste
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 458, do 22.02.2023
  
3.450396 (11/PNP-004156)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Ojea Arias, Eduardo e Otero Rodríguez, Patricia
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para presentar un informe respecto das cantidades executadas e os logros acadados co desenvolvemento das liñas estratéxicas do Pacto de vivenda de Galicia 2021-2025
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 461, do 01.03.2023
  
3.550721 (11/PNP-004190)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e Ortega Otero, Marina
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para aumentar os recursos humanos na área de saúde mental do sistema sanitario público, nomeadamente nas unidades infanto-xuvenís
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 465, do 08.03.2023
  
3.650946 (11/PNP-004210)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para manter a actividade e o emprego do Grupo Ganomagoga
 Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 465, do 08.03.2023
  
Punto 4.Interpelacións
  
4.16169 (11/INT-000413)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
 Sobre a política do Goberno galego en relación coa planta xudicial en Galicia.
 Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 59, do 09.12.2020
  
4.250359 (11/INT-002412)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 González Albert, María e 2 máis
 Sobre a aprobación do Consello de Informativos e o Estatuto profesional na Corporación de Radio e Televisión de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 461, do 01.03.2023
  
4.350750 (11/INT-002432)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Dacosta, María del Carmen e 2 máis
 Sobre o mercado de traballo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 465, do 08.03.2023
  
Punto 5.Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia
  
5.151348 (11/POPX-000099)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luis Manuel
 Sobre as medidas de axuda que ten previsto adoptar o Goberno galego para mellorar a situación económica actual da sociedade galega
  
5.251355 (11/POPX-000100)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana
 Sobre as previsións de solicitarlle ao Goberno central a retirada do Plan de Ordenación do Espazo Marítimo
  
Punto 6.

Preguntas ao Goberno

 

6.151321 (11/PUP-000314)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Sanz Arias, Cristina e 6 máis
 Sobre a valoración polo Goberno galego da falla de confirmación por parte do Goberno de España da financiación e ubicación dunha fábrica de fibras téxtiles de Altri
  
6.249925 (11/POP-007725)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 3 máis
 Sobre as previsións do Goberno galego de iniciar o procedemento para declarar o monte do Gato como parque natural
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 458, do 22.02.2023

 

6.350456 (11/POP-007854)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 3 máis
 Sobre a avaliación da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural do impacto das infraestruturas do parque eólico Castro Valente no xacemento arqueolóxico do mesmo nome, en Padrón
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 461, do 01.03.2023
  
6.449162 (11/POP-007582)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Balseiro Orol, José Manuel e 6 máis
 Sobre a información da que dispón a Xunta de Galicia respecto de cando van estar en funcionamento os trens Avril e de cantos serán os que se destinen a Galicia
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 454, do 15.02.2023

 

6.550516 (11/POP-007863)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Freire Vázquez, María Begoña e 9 máis
 Sobre a situación na que se atopan os trámites necesarios para a execución da obra do novo Complexo Hospitalario Universitario da Coruña
 

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 465, do 08.03.2023

 

6.651341 (11/PUP-000315)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Gallego Sanromán, María Leticia
 Sobre o establecemento dunha liña de transporte público directa entre O Morrazo e os complexos hospitalarios  do Meixoeiro e do Álvaro Cunqueiro
  
6.750731 (11/POP-007888)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pérez López, Daniel e Lourenzo Sobral, Manuel Antonio
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para garantir a continuidade do centro privado de educación especial Aspaber, situado na Brea, no concello de Carballo, que atende a comarca de Bergantiños e arredores
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 465, do 08.03.2023
  
6.851316 (11/PUP-000313)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 
Fernández Alfonzo, Ramón
 

Sobre as previsións que ten a Xunta de Galicia para contribuír a unha saída negociada do conflito existente no almacén loxístico da empresa LIDL, no Polígono Río do Pozo de Narón

 

6.949674 (11/POP-007655)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Seco García, Martín e 2 máis
 Sobre as previsións da Xunta de Galicia de construír un centro de atención residencial no concello de Ponteceso
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 458, do 22.02.2023
  

 

Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.

 

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2023

 

 

 

 

 

Miguel Ángel Santalices Vieira

Presidente​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina