A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 15 de marzo de 2023, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 50218 (11/PNC-004278)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Nóvoa Iglesias, Marta e 6 máis
Sobre a demanda que debe facer a Xunta de Galicia ao Goberno de España para que garanta a cogobernanza real e efectiva coas comunidades autónomas do ecosistema industrial español, así como dos fondos Next Generation UE destinados á industria
BOPG n.º 458, do 22.02.2023
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
1. Demandar ao Goberno de España que garanta a cogobernanza real e efectiva coas Comunidades Autónomas na estrutura de gobernanza do ecosistema industrial español.
2. Defender ante o Goberno de España as competencias exclusivas en materia de política industrial establecidas no Estatuto de Autonomía de Galicia, presentando as alegacións ao anteproxecto de lei de Industria naqueles aspectos que poidan vulnerar as competencias establecidas estaturariamente.
3. Demandar ao Goberno de España que xestione cunha cogobernanza real e efectiva os fondos Next Generation UE destinados á industria, evitando poñer en risco os principais proxectos tractores promovidos desde Galicia para favorecer o noso desenvolvemento industrial, nun marco que favoreza a complementariedade das accións públicas e privadas."