saltar ao contido

O embaixador de Azerbaixán visita o Parlamento de Galicia

 

 

 

 

Santiago, 20 de marzo de 2023.- O embaixador da República de Azerbaixán en España, Ramiz Hasanov, efectuou esta tarde unha visita institucional ao Parlamento de Galicia, onde mantivo unha reunión co presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira.

 

Durante o encontro, o presidente do Parlamento de Galicia interesouse polas relacións hispano-azerbaixanas e avogou por cultivar as relacións de amizade entre os países, unha orde internacional caracterizada polo respecto á lei e á integridade territorial dos estados, e a promoción dos dereitos humanos. Na reunión tamén participou o primeiro secretario da Embaixada de Azerbaixán, Nadir Sarajli.

 

 

 

 

 

 

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina