saltar ao contido

Acordos da Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, celebrada o 24 de marzo de 2023

 

A  Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 24 de marzo de 2023, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 50411 (11/PNC-004298)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Candia López, María Elena e 6 máis

Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para trasladar aos titulares das explotacións avícolas as medidas para evitar a transmisión de gripe aviaria

BOPG n.º 461, do 01.03.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que mediante comunicados ou calquera medio de difusión traslade aos titulares das explotacións avícolas as medidas a adoptar nas súas explotacións de cara a evitar a transmisión e o posible incremento de focos de gripe aviaria na nosa Comunidade."


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina