A Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 24 de marzo de 2023, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 46388 (11/PNC-004000)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodeiro Tato, Ovidio e 6 máis
Sobre a necesidade de impulsar o recoñecemento da docencia innovadora entre os graos universitarios do Sistema universitario de Galicia
BOPG n.º 436, do 12.01.2023
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a impulsar o recoñecemento da docencia innovadora entre os graos universitarios do Sistema Universitario de Galicia (SUG), para o que se terán en conta criterios como: a estratexia e resultado do grao, o itinerario formativo, o deseño da aprendizaxe, o profesorado, a avaliación formativa e a empregabilidade da titulación universitaria."
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 48314 (11/PNC-004138)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Alfonzo, Ramón e Lourenzo Sobral, Manuel Antonio
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para dotar o IES Ferrol Vello do necesario pavillón para a práctica deportiva
BOPG n.º 446, do 01.02.2023
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a realizar as modificacións de crédito necesarias para iniciar de inmediato as obras para dotar ao IES Ferrol Vello do necesario pavillón para a práctica deportiva."