saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 9 de maio de 2023

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 9 de maio de 2023, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.

 

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 2 de maio de 2023, a orde do día da sesión é a seguinte:

 

Punto 1.    Texto lexislativo

        

1.1    Debate de toma en consideración da Proposición de lei, de iniciativa popular, sobre medidas urxentes para recuperar e fortalecer a atención primaria (doc. núm. 36313, 11/PPLI-000004)

         Publicación da admisión a trámite e constitución da Comisión Promotora, BOPG n.º 341, do 06.07.2022

         Publicación da proposición de lei, BOPG n.º 468, do 17.03.2023

 

Punto 2.    Comparecencia

        

2.1    53291 (11/CPP-000126)

         Da conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, por petición propia, para informar sobre o balance e presentación do Plan de acción en materia de emprego para 2023

        

Punto 3.    Mocións

        

3.1    52795 (11/MOC-000153)

         Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

         Ríos Santomé, Paulo

         Sobre o transporte público por estrada (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 51739, publicada no BOPG núm. 474, do 29 de marzo de 2023, e debatida na sesión plenaria do 11 de abril de 2023)

         Publicación da iniciativa, BOPG n.º 483, do 19.04.2023

        

3.2    53257 (11/MOC-000155)

         Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

         Presas Bergantiños, Noa

         Sobre a participación pública no sector eólico. (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm.  51777 publicada no BOPG núm. 474, do 29 de marzo de 2023, e debatida na sesión plenaria do 25 de abril de 2023)

        

3.3    53258 (11/MOC-000156)

         Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

         Bará Torres, Xosé Luís

         Sobre a política do Goberno galego en relación coa ampliación da Rede Natura 2000 en Galicia. (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm.  1453, publicada no BOPG núm. 15, do 16 de setembro de 2020, e debatida na sesión plenaria do 25 de abril de 2023)

        

3.4    53275 (11/MOC-000157)

         Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

         Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña

         Sobre a política do Goberno galego respecto da actualización do pacto local galego. (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm.  20106 publicada no BOPG núm. 191, do 25 de agosto de 2021, e debatida na sesión plenaria do 25 de abril de 2023)

        

Punto 4.    Proposicións non de lei

        

4.1    11393 (11/PNP-001124)

         Grupo Parlamentario Popular de Galicia

         Vázquez Domínguez, Sandra e 6 máis

         Sobre o posicionamento  do Parlamento de Galicia en relación co modelo lingüístico de Galicia

         Publicación da iniciativa, BOPG n.º 101, do 24.02.2021

        

4.2    23291 (11/PNP-002104)

         Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

         Prado Cores, María Montserrat e 2 máis

         Sobre as xestións que debe realizar a Xunta de Galicia para a reversión ao sistema público da prestación do servizo de transporte sanitario terrestre

         Publicación da iniciativa, BOPG n.º 213, do 15.10.2021

        

4.3    42014 (11/PNP-003558)

         Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

         Arangüena Fernández, Pablo e 2 máis

         Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co Plan director da Rede Natura 2000 e os espazos protexidos de Galicia

         Publicación da iniciativa, BOPG n.º 390, do 05.10.2022

        

4.4    50330 (11/PNP-004150)

         Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

         Pérez Fernández, Rosana e Bará Torres, Xosé Luís

         Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para recoñecer nula de pleno dereito a autorización de verteduras outorgada por Augas de Galicia á empresa mineira Tungsten San Finx, S.L.

         Publicación da iniciativa, BOPG n.º 461, do 01.03.2023

        

4.5    52079 (11/PNP-004316)

         Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

         Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e Caballero Miguez, Gonzalo

         Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co recurso ante o Tribunal Constitucional sobre a Lei 38/2022, do 27 de decembro, pola que se crea o imposto temporal de solidariedade das grandes fortunas

         Publicación da iniciativa, BOPG n.º 478, do 05.04.2023

        

4.6    52953 (11/PNP-004382)

         Grupo Parlamentario Popular de Galicia

         Balseiro Orol, José Manuel e 6 máis

         Sobre a demanda que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno de España para que arranxe o firme das autoestradas A-6 e A-52 e para que estableza un plan de conservación das estradas da súa competencia en Galicia

         Publicación da iniciativa, BOPG n.º 486, do 26.04.2023

        

Punto 5.    Interpelacións

        

5.1    41335 (11/INT-002014)

         Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

         Queixas Zas, Mercedes e 2 máis

         Sobre o desenvolvemento dun plan para favorecer o uso da lingua galega

         Publicación da iniciativa, BOPG n.º 386, do 27.09.2022

        

5.2    51154 (11/INT-002448)

         Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

         Torrado Quintela, Julio e Otero Rodríguez, Patricia

         Sobre a reversión da titularidade de terreos portuarios de uso urbano aos concellos

         Publicación da iniciativa, BOPG n.º 467, do 15.03.2023

        

5.3    52572 (11/INT-002528)

         Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

         Fernández Gómez, Alexandra e Bará Torres, Xosé Luís

         Sobre a vivenda pública e protexida

         Publicación da iniciativa, BOPG n.º 483, do 19.04.2023

        

Punto 6.    

Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia

        

6.1    53289 (11/POPX-000105)

         Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

         Álvarez Martínez, Luis Manuel

         Sobre as previsións de mellora da colaboración da Xunta de Galicia cos concellos

        

6.2    53290 (11/POPX-000106)

         Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

         Pontón Mondelo, Ana

         Sobre as medidas que vai adoptar o Goberno galego para impulsar unha rexeneración democrática

        

Punto 7.    Preguntas ao Goberno

 

7.1    52962 (11/POP-008159)

         Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

         Rodríguez Dacosta, María del Carmen e 2 máis

         Sobre a valoración que fai o Goberno galego da situación do termalismo na cidade de Ourense

         Publicación da iniciativa, BOPG n.º 486, do 26.04.2023

 

7.2    53261 (11/PUP-000332)

         Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

         Presas Bergantiños, Noa

Sobre a postura da Xunta de Galicia ante a conduta do presidente da Deputación de Ourense

 

7.3    53277 (11/PUP-000334)

         Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

         Rodríguez Dacosta, María del Carmen

         Sobre o presunto delito contra a seguridade viaria cometido polo presidente da Deputación de Ourense

 

7.4    52830 (11/POP-008152)

         Grupo Parlamentario Popular de Galicia

         Freire Vázquez, María Begoña e 6 máis

         Sobre a valoración do Goberno galego en relación coa futura lei estatal de vivenda, despois do desbloqueo da súa tramitación anunciado por ERC e Bildu

         Publicación da iniciativa, BOPG n.º 483, do 19.04.2023

 

7.5    48933 (11/POP-007541)

         Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

         Díaz Varela, Noa Susana e 2 máis

         Sobre a licitación da construción do novo centro de saúde de Noia

         Publicación da iniciativa, BOPG n.º 450, do 08.02.2023

        

7.6    50710 (11/POP-007881)

         Grupo Parlamentario Popular de Galicia

         Suárez Sarmiento, María Elena e 6 máis

         Sobre as iniciativas impulsadas polo Goberno galego co obxecto de mellorar a atención primaria en Vilagarcía de Arousa e sobre a valoración que fai da implantación desas medidas

         Publicación da iniciativa, BOPG n.º 465, do 08.03.2023

        

7.7    52069 (11/POP-008045)

         Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

         Pérez Fernández, Rosana e 2 máis

         Sobre as previsións do Goberno galego para cubrir as ausencias do persoal sanitario nos centros de saúde da comarca da Barbanza

         Publicación da iniciativa, BOPG n.º 478, do 05.04.2023

        

7.8    52583 (11/POP-008109)

         Grupo Parlamentario Popular de Galicia

         Amigo Díaz, María Encarnación e 6 máis

         Sobre os investimentos en reformas e en equipamentos efectuados por parte da Xunta de Galicia nos últimos anos, para incrementar a capacidade asistencial e diagnóstica dos centros de atención primaria de Galicia

         Publicación da iniciativa, BOPG n.º 483, do 19.04.2023

        

7.9    52826 (11/POP-008140)

         Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

         Castro García, Daniel e 2 máis

         Sobre a falta de persoal facultativo que afecta o Hospital da Mariña, en Burela

         Publicación da iniciativa, BOPG n.º 486, do 26.04.2023

        

Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.

 

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2023

 

 

 

Miguel Ángel Santalices Vieira

Presidente

 

 

 

 

 

 

 

 

 


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina