3.2 45188 (11/PNP-003836)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodeiro Tato, Ovidio e 7 máis
Sobre a demanda que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno de España para reiterar a necesidade de deseñar unha proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade con criterios homologables e uniformes
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 428, do 28.12.2022
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para reiterar a necesidade de deseñar unha proba da ABAU con criterios de avaliación homologables e uniformes, así como que se adíe o calendario de implantación e se elimine a proba de madurez que pretende instaurar o Ministerio, xa que diminúe o nivel de esixencia e, por conseguinte, xera máis desigualdade".
3.3 50219 (11/PNP-004140)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Nóvoa Iglesias, Marta e 13 máis
Sobre a demanda que debe facer a Xunta de Galicia ao Goberno de España para que garanta a cogobernanza real e efectiva coas comunidades autónomas do ecosistema industrial español, así como dos fondos Next Generation UE destinados á industria
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 458, do 22.02.2023
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
1. Demandar ao Goberno de España que garanta a cogobernanza real e efectiva coas Comunidades Autónomas na estrutura de gobernanza do ecosistema industrial español.
2. Defender ante o Goberno de España as competencias exclusivas en materia de política industrial establecidas no Estatuto de Autonomía de Galicia, de xeito especial, no referido ao contido e alcance do anteproxeto de lei de Industria.
3. Demandar ao Goberno de España que xestione cunha cogobernanza real e efectiva os fondos Next Generation UE destinados á industria, evitando poñer en risco os principais proxectos tractores promovidos desde Galicia para favorecer o noso desenvolvemento industrial, nun marco que favoreza a complementariedade das accións públicas e privadas".
Saúdos, Gabinete de Comunicación.