saltar ao contido

Acordos da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 8 de xuño de 2023

A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na reunión do 8 de xuño de 2023, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de natureza normativa

Proxecto de lei

 

Designación da Ponencia

 

- 53015 (11/PL-000021)

Presidencia da Xunta de Galicia

Proxecto de lei de artesanía de Galicia

BOPG n.º 486, do 26.04.2023

 

G.P. Popular de Galicia:

Dª. Cristina Sanz Arias (titular)

D. Moisés Rodríguez Pérez (suplente)

 

G.P. do Bloque Nacionalista Galego:

Dª. Carmela González Iglesias (titular)

Dª. Mercedes Queixas Zas (suplente)

 

G.P. dos Socialistas de Galicia:

Dª. María Leticia Gallego Sanromán  (titular)

D. Martín Seco García (suplente)

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 52374 (11/PNC-004495)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Sanz Arias, Cristina e 16 máis

Sobre a demanda que debe facer a Xunta de Galicia ao Goberno de España para que impulse unha toma de posición da Eurozona en relación co futuro da automoción que non castigue este sector en Galicia

BOPG n.º 478, do 05.04.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que, aproveitando o semestre de Presidencia española na Unión Europea, impulse unha toma de posición da Eurozona en relación co futuro da automoción que non castigue a este sector industrial en Galicia e asegure unha transición ordenada e, en concreto:

1º.- En relación coa prohibición de vehículos con motores de combustión a partir de 2035 (incluídos os de gasolina, diésel e híbridos) e as consecuencias que esta decisión ten para o sector de automoción, articular os mecanismos e instrumentos de axuda directa necesarios para garantir a adaptación das instalacións produtivas de toda esta cadea de valor ao proceso de transformación que leva consigo unha Unión climaticamente neutra, tal e como ven reclamando a Xunta de Galicia a través da súa participación na ARA (Alianza de Rexións con industrias da Automoción).

2º.- En relación coa proposta de norma de emisións EURO 7, tome unha posición contraria a súa entrada en vigor nos termos nos que está formulada e, polo tanto, que non se obrigue aos fabricantes a ter que afrontar grandes investimentos a curto prazo para conseguir unha redución mínima de emisións de gases contaminantes duns motores que a propia Unión Europea considera non aptos para a súa comercialización a partir do ano 2035".





Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina