A Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 2 de maio de 2024, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 430 (12/PNC-000011)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel e 8 máis
Sobre a reclamación que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central para que convoque unha reunión do Consello Territorial de Servizos Sociais co obxectivo de analizar o Proxecto de lei de familias
BOPG n.º 9, do 11.04.2024
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 2 votos en contra e 6 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a reclamar o Goberno central a convocatoria dunha reunión presencial do Consello Territorial de Servizos sociais para analizar o impacto da Lei de Familias tendo en conta que non se contou coas aportacións das comunidades autónomas, invade competencias autonómicas, discrimina ás familias numerosas e carga o coste da súa aplicación ás administracións autonómicas."
- 553 (12/PNC-000037)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pérez López, Noelia e 8 máis
Sobre a demanda ao Goberno galego da modernización do rexistro das cooperativas e das entidades sociais
BOPG n.º 9, do 11.04.2024
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 7 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia á modernización do rexistro de cooperativas e de entidades sociais."
Rexeitamento das iniciativas
- 1311 (12/PNC-000147)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e 2 máis
Sobre as medidas que debe impulsar o Goberno galego para mellorar a dotación do Centro de Saúde da Fonsagrada tanto no aspecto profesional como material
BOPG n.º 12f2, do 17.04.2024
Sométese a votación e resulta rexeitada por 7 votos a favor, 9 votos en contra e 1 abstencións.
- 1433 (12/PNC-000166)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Castro Rey, Paloma e 2 máis
Sobre as accións que a Xunta de Galicia debe executar destinadas a solucionar os problemas derivados da ampliación da vía de acceso ao Hospital Gran Montecelo, en Pontevedra
BOPG n.º 12f2, do 17.04.2024
Sométese a votación e resulta rexeitada por 7 votos a favor, 9 votos en contra e 1 abstencións.
- 1692 (12/PNC-000201)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Carreira Pazos, Iria e Prado Cores, María Montserrat
Sobre as medidas que debe tomar a Xunta de Galicia co fin de mellorar a capacidade de atención do Servizo de Oncoloxía Médica do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago
BOPG n.º 16f2, do 24.04.2024
Sométese a votación e resulta rexeitada por 8 votos a favor, 9 votos en contra e 0 abstencións.
- 1960 (12/PNC-000242)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Dacosta, María del Carmen e 2 máis
Sobre a demanda dirixida ao Goberno galego co obxecto de que recupere a cobertura pediátrica do Centro de Saúde da Ponte, en Ourense, existente antes da pandemia
BOPG n.º 16f2, do 24.04.2024
Sométese a votación e resulta rexeitada por 8 votos a favor, 9 votos en contra e 0 abstencións.
Santiago de Compostela, 2 de maio de 2024
María Montserrat Prado Cores
Vicepresidenta 2.ª