saltar ao contido

Acordos da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, celebrada o 3 de maio de 2024

A  Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 3 de maio de 2024, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 698 (12/PNC-000060)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Pomar Tojo, Carmen María e 8 máis

Sobre determinadas demandas que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central e á Sareb co obxectivo de garantir o fin social das vivendas propiedade da devandita sociedade en Galicia

BOPG n.º 9, do 11.04.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 14 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse o Goberno de España e solicite á Sareb (Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria):

1º.- A inclusión de Galicia no Programa Viena para a construción de vivenda en alugueiro.

2º.- Que as vivendas propiedade desta sociedade en Galicia se destinen a usos sociais coa súa cesión gratuíta á Xunta de Galicia, que deberán integrar as vivendas cedidas no parque público de vivenda en alugueiro que xestiona o IGVS. Cederanse á Xunta as vivendas que se atopen en condicións adecuadas para o seu uso ou que precisen pequenas reparacións e non se topen en ningún tipo de situación legal que impida o seu alugueiro unha vez cedidas".

 

- 1196 (12/PNC-000126)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Pomar Tojo, Carmen María e 8 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno de España co obxecto de que dote economicamente os concellos para que poidan cumprir a obriga legal de elaborar un censo de instalacións con amianto

BOPG n.º 12f2, do 17.04.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 14 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a esixir o Goberno de España que dote economicamente aos concellos para que poidan cumprir coa obriga de elaborar un censo de instalacións e emprazamentos con amianto e establecer un calendario para a retirada destes residuos".

 

Aprobación con modificacións

 

- 598 (12/PNC-000044)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Ríos Santomé, Paulo e 4 máis

Sobre as actuacións que a Xunta de Galicia debe demandar ao Goberno central en materia de transporte ferroviario

BOPG n.º 9, do 11.04.2024

 

Sométese a votación separada por puntos e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal:

-Puntos 1, 2 e 3, aprobados pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas.

-Punto 4, rexeitado, por 5 votos a favor, 9 votos en contra e 2 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a demandar do Goberno do estado as seguintes actuacións en materia de transporte ferroviario:

1. Restituír as liñas e itinerarios eleminadas nos últimos anos antes de rematar o ano 2024.

2. Ampliar a cobertura dos servizos ferroviarios en todo o país, especialmente nos territorios nos que non existe este servizo.

3. Rematar co déficit histórico de investimento en infraestruturas e modernización no ferrocarril, comprometendo partidas orzamentarias especificas nos vindeiros OXE".

 

- 1686 (12/PNC-000200)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Fernández Gómez, Alexandra e 2 máis

Sobre as accións que o Goberno galego debe desenvolver en relación coa promoción de vivenda pública na segunda fase do Polígono de Actuación Urbanística de Navia, en Vigo

BOPG n.º 16f2, do 24.04.2024

 

Sométese a votación separada por puntos e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal:

 

Puntos 1 e 3, aprobados pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas.

Punto 2, rexeitado, por 7 votos a favor,  9 votos en contra e 0 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta a:

1. Ampliar a porcentaxe de vivendas de promoción pública previstas en cada unha das etapas na 2ª fase do PAU de Navia, de forma que responda a actual demanda acreditada no Rexistro de Demandantes de Vivenda e garantindo que, do orde, o 50% da vivenda protexida prevista sexa de promoción pública en aluguer.

2. Definir unha estratexia de diversidade e flexibilidade tipolóxica da edificación e da vivenda, que responda á diversidade social da cidade e á vontade de tecer un barrio con maior mistura social e espazos de interacción social, para as novas vivendas que se proxecte".

 

Rexeitamento da iniciativa

 

- 1393 (12/PNC-000160)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Castro Rey, Paloma e López Font, Carlos

Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia co obxecto de que impulse un programa de educación ambiental, e con carácter transversal, nos distintos centros educativos de Galicia

BOPG n.º 12f2, do 17.04.2024

 

Sométese a votación e resulta rexeitada por 7 votos a favor, 9 votos en contra e 0 abstencións.

 

Procedementos de elección, designación e proposta nomeamento

Elección membros da Mesa

 

Elección de vicepresidente

 

-  (12/CEEM-000013)

Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos

Elección da Vicepresidencia da Comisión

 

José Luís Ferro Iglesias (P)

 

 

 

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2024

 

María Montserrat Prado Cores

Vicepresidenta 2.ª



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina