saltar ao contido

Acordos da Comisión 4.ª, Educación e Cultura, celebrada o 8 de maio de 2024

A Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 8 de maio de 2024, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 450 (12/PNC-000015)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Balseiro Orol, José Manuel e 8 máis

Sobre as actuacións que a Xunta de Galicia debe demandar ao Ministerio de Cultura no que atinxe ao proceso de rehabilitación e remodelación do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

BOPG n.º 9, do 11.04.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 15 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a solicitar ao Ministerio de Cultura que:

 

1. Realice as accións oportunas para axilizar os traballos de rehabilitación, informando con claridade dos novos prazos estimados.

 

2. En función do anterior, inicie a licitación do equipamento necesario para o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense de tal xeito que se evitan novos atrasos".

 

 

- 513 (12/PNC-000028)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Lorenzo Gómez, Rubén e 8 máis

Sobre a demanda que debe dirixir a Xunta de Galicia ao Goberno central co fin de que axilice a normativa estatal derivada da Lei orgánica 3/2022, do 31 de marzo, de ordenación e integración da Formación Profesional

BOPG n.º 9, do 11.04.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 15 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.

 

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a demandar ao Goberno de España que publique, de inmediato, a normativa que permita pechar as incertezas e inseguridade que se está a provocar na FP galega a Lei Orgánica 3/2022, de 31 de marzo, de ordenación e integración da Formación Profesional xa que logo, sen esta normativa estatal non é posible iniciar a tramitación da normativa autonómica".

 

Aprobación con modificacións

 

- 1489 (12/PNC-000172)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Taibo Corsanego, Iria e Fernández Davila, María Cristina

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para fomentar o ensino da lingua portuguesa en Galicia

BOPG n.º 12f2, do 17.04.2024

 

Sométese a votación separada por guións e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal:

 

Guións 1 e 2, aprobados pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas.

Guión 3, rexeitado por 8 votos a favor, 9 votos en contra e 0 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento insta o goberno galego a:

- aumentar o número de prazas de profesorado de lingua portuguesa.

- formar novo profesorado de lingua portuguesa".

 

Procedementos de elección, designación e proposta nomeamento

Elección membros da Mesa

 

Elección de vicepresidente

 

-  (12/CEEM-000019)

Comisión 4ª, Educación e Cultura

Elección da Vicepresidencia

 

José Luís Ferro Iglesias (P)

​ 



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina