Santiago, 10 de maio de 2024.- “O Elevado volume de profesionais representados pola Unión Profesional de Galicia converte a esta organización nun interlocutor privilexiado, tanto para os poderes públicos como para calquera entidade que aspire a facerse eco do sentir de colectivos como os aquí representados".
Así o manifestou esta tarde en Santiago o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, no acto de entrega dos Galardóns Profesional Colexiado 2023 -outorgado a 20 colexiados de diferentes disciplinas- e da Distinción da Unión Profesional de Galicia, que recoñece a traxectoria de Miguel Carrero López, primeiro presidente de Unión Profesional e actual presidente de Previsión Sanitaria Nacional.
Creada hai 30 anos, a Unión Profesional de Galicia representa a 43 colexios profesionais e a máis de 85.000 colexiados.
Dada a súa representatividade, Santalices convidou a Unión Profesional de Galicia a achegar propostas durante o proceso de tramitación parlamentaria dos textos lexislativos.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.