saltar ao contido

O presidente do Parlamento clausura o 47 Congreso Rexional de Viúvas de Galicia

 

 

  • Santalices Vieira agradece o labor das asociacións de viúvas como espazo de socialización e axuda para solucionar problemas

 

 

 

 

Santiago, 11 de maio de 2024.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, clausurou este mediodía en Ourense o 47 Congreso Rexional de Viúvas de Galicia “María Andrea".

 

Santalices Vieira gabou o labor que desenvolve esta organización, especialmente como espazo de socialización, para o intercambio de experiencias e como vía para solucionar problemas, sobre todo entre as persoas maiores.

 

Referiuse o presidente do Parlamento aos cambios sociais acelerados que “debilitan os vínculos entre as persoas" e tamén á “soidade non desexada", que padecen con especial intensidade as persoas de máis idade. “Estas e outras razóns fan que as Asociacións de Viúvas manteñen , arestora como outrora, cando botaron a andar, toda a súa razón de ser", aseverou.

 

 

 

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina