saltar ao contido

O xeneral xefe do Mando de Apoio á Manobra despídese do presidente do Parlamento

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2024.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu este mediodía no seu despacho da Cámara ao xeneral xefe do Mando de Apoio á Manobra, Juan Francisco Arrazola Martínez, que acudiu a despedirse con motivo do seu paso á situación de reserva.

 

Santalices felicitou ao xeneral pola súa extensa folla de servizos  e trasladoulle os seus mellores desexos para a nova etapa que se dispón a comezar.

 

 

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina