A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 28 de maio de 2024, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 21 de maio de 2024, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. | Comparecencia |
1.1 | 1851 (12/CPP-000001) |
Do conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, por petición propia, para informar sobre as liñas xerais de actuación do seu departamento | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 12f1, do 17.04.2024 | |
Punto 2. | Mocións |
2.1 | 2649 (12/MOC-000002) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Fernández Gómez, Alexandra | |
Sobre as estratexias para afrontar a actual crise de acceso á vivenda (Moción consecuencia da Interpelación nº 908, publicada no BOPG nº 10, do 12.04.2024, e debatida na sesión plenaria do 23 de abril de 2024) | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 20f1, do 02.05.2024 | |
2.2 | 4074 (12/MOC-000004) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Presas Bergantiños, Noa Olalla | |
Sobre a evolución da violencia machista en Galicia e as políticas que cómpre desenvolver neste ámbito (Moción consecuencia da Interpelación nº 829, publicada no BOPG núm. 10 f1, do 12 de abril de 2024, e debatida na sesión plenaria do 14 de maio de 2024.) | |
2.3 | 4096 (12/MOC-000005) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Longueira Castro, Silvia | |
Sobre a xestión das políticas de axuda á xente nova no seu acceso á vivenda (Moción consecuencia da Interpelación nº 2116, publicada no BOPG núm. 20 f1, do 2 de maio de 2024, e debatida na sesión plenaria do 14 de maio de 2024.) | |
2.4 | 4118 (12/MOC-000006) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Pérez Fernández, Rosana | |
Moción sobre a política de impulso de estratexias para a mellora e preservación dos niveis de produtividade marisqueira nas rías galegas (Moción consecuencia da Interpelación nº 2271, publicada no BOPG núm. 20 f1, do 2 de maio de 2024, e debatida na sesión plenaria do 14 de maio de 2024.) | |
Punto 3. | Proposicións non de lei |
3.1 | 512 (12/PNP-000029) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Lorenzo Gómez, Rubén e 8 máis | |
Sobre a demanda que debe dirixir a Xunta de Galicia ao Goberno central co fin de que axilice a normativa estatal derivada da Lei orgánica 3/2022, do 31 de marzo, de ordenación e integración da Formación Profesional | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 9f1, do 11.04.2024 | |
3.2 | 707 (12/PNP-000061) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Trenor López, Gonzalo e 8 máis | |
Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central para que cumpra os seus compromisos en materia de conectividade e de cobertura territorial das redes de telecomunicacións | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 9f1, do 11.04.2024 | |
3.3 | 1260 (12/PNP-000132) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Rodil Fernández, Olalla e Fernández González, Ariadna | |
Sobre as medidas que ten que adoptar a Xunta de Galicia co obxectivo de reducir os tempos de agarda na tramitación da dependencia | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 12f1, do 17.04.2024 | |
3.4 | 1664 (12/PNP-000184) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Rodríguez Dacosta, María del Carmen e Méndez López, Lara | |
Sobre a demanda ao Goberno galego da aprobación do Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga) de forma participativa e consensuada | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 16f1, do 24.04.2024 | |
3.5 | 2474 (12/PNP-000289) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Suárez Fernández, Iago e Prado Cores, María Montserrat | |
Sobre as actuacións que debe impulsar o Goberno galego dentro da política de atención á saúde mental na mocidade | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 20f1, do 02.05.2024 | |
3.6 | 3639 (12/PNP-000400) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Iglesias Rey, Patricia e Méndez López, Lara | |
Sobre a normativa que debe impulsar a Xunta de Galicia e as reclamacións que debe dirixir ao Goberno central co obxecto de conseguir un desenvolvemento da enerxía eólica en Galicia que respecte a integración medioambiental | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 24f1, do 15.05.2024 | |
Punto 4. | Interpelacións |
4.1 | 1475 (12/INT-000077) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Taibo Corsanego, Iria e Bará Torres, Xosé Luís | |
Sobre o fomento dos vínculos coa lusofonía | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 12f1, do 17.04.2024 | |
4.2 | 3449 (12/INT-000233) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Prado Cores, María Montserrat e Carreira Pazos, Iria | |
Sobre os servizos sanitarios prestados polo Sergas con medios alleos e a transparencia na súa contratación | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 24f1, do 15.05.2024 | |
4.3 | 3468 (12/INT-000235) |
Grupo Parlamentario Mixto | |
Ojea Bouzo, Armando | |
Sobre a planificación da creación de solo empresarial nesta lexislatura | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 24f1, do 15.05.2024 | |
Punto 5. | Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta |
5.1 | 4318 (12/POPX-000005) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Gómez Besteiro, José Ramón | |
Sobre a perspectiva que ten o Goberno galego do papel que Galicia debe representar en Europa | |
5.2 | 4325 (12/POPX-000006) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Pontón Mondelo, Ana Belén | |
Sobre as razóns do Goberno galego para admitir a colocación no corazón de Galicia dunha macroinstalación de produción de celulosa | |
Punto 6. | Preguntas ao Goberno
|
6.1 | 4253 (12/PUP-000017) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
López Font, Carlos | |
Sobre a eventual solicitude da convocatoria da Comisión Mixta de Transferencias realizada polo Goberno galego
| |
6.2 | 4281 (12/PUP-000018) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Prado del Río, Paula e 9 máis | |
Sobre o incremento da criminalidade en Galicia no primeiro trimestre do ano, segundo os datos contabilizados polo Ministerio do Interior
| |
6.3 | 2011 (12/POP-000317) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Méndez López, Lara e 2 máis | |
Sobre a adecuación á realidade actual do Decreto 222/2011, no que se establece un número mínimo de alumnado matriculado como criterio para asegurar a viabilidade dos graos universitarios | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 17f1, do 25.04.2024
| |
6.4 | 3045 (12/POP-000453) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Golpe Acuña, José Manuel e 2 máis | |
Sobre as dúbidas respecto da consolidación do proxecto da empresa de pneumáticos Sentury Tire Spain S. L. U. nas Pontes de García Rodríguez | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 25f1, do 16.05.2024
| |
6.5 | 2076 (12/POP-000326) |
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia | |
Castro Rey, Paloma e López Font, Carlos | |
Sobre a eventual solicitude da Xunta de Galicia ao Goberno central da finalización do proxecto de construción da vía peonil pola costa entre Marín e Pontevedra con alternativas que respecten a nova lexislación vixente | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 17f1, do 25.04.2024
| |
6.6 | 3173 (12/POP-000515) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
García Comesaña, Julio e 6 máis | |
Sobre as consecuencias que terá para Vigo e a súa comarca o peche do aeroporto de Peinador | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 22f2, do 08.05.2024 | |
6.7 |
519 (12/POP-000018) |
Grupo Parlamentario Popular de Galicia | |
Arias Rodríguez, Raquel e 8 máis | |
Sobre a inclusión de novas vacinas no Calendario de vacinación ao longo de toda a vida | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 10f1, do 12.04.2024 | |
6.8 | 2618 (12/POP-000404) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Pérez Fernández, Rosana e Prado Cores, María Montserrat | |
Sobre a situación do Centro de Saúde de Ribeira no relativo á súa dotación de persoal médico | |
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 22f2, do 08.05.2024 | |
6.9 | 4304 (12/PUP-000019) |
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego | |
Fernández Davila, María Cristina | |
Sobre a situación da asistencia sanitaria nos centros de saúde e no PAC da comarca do Condado-A Paradanta |
O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria a devandita reunión.
Santiago de Compostela, 21 de maio de 2024
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente