saltar ao contido

Acordo da Comisión 4ª, Educación e Cultura, celebrada o 22 de maio de 2024

A  Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 22 de maio de 2024, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

 

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación por unanimidade con modificacións

 

- 438 (12/PNC-000013)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Balseiro Orol, José Manuel e 8 máis

Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia co fin de que desenvolva accións divulgativas relacionadas co legado do científico Pedro Xosé Rodríguez y González, coñecido como "Matemático Rodríguez", no bicentenario do seu falecemento BOPG n.º 9f2, do 11.04.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a desenvolver accións divulgativas que axuden a difundir o legado científico e político do Matemático Rodríguez no bicentenario do seu falecemento".​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina