saltar ao contido

Acordo da Comisión 6ª., Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 23 de maio de 2024

A  Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 23 de maio de 2024, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 1994 (12/PNC-000247)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Sanz Arias, Cristina e 8 máis

Sobre a proposta de resolución que se presenta co obxecto de adoptar un acordo parlamentario relativo á implantación da factoría de fibras téxtiles de Altri en Palas de Rei

BOPG n.º 16f2, do 24.04.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 6 votos en contra e 2 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia acorda:

 

1º- Manifestar o seu apoio á implantación da iniciativa empresarial de Altri para emprazar a futura fábrica de fibras téxtiles a base de celulosa en Palas de Rei por canto supón unha oportunidade para xerar riqueza e emprego cualificado na nosa Comunidade, fomentar o asentamento de poboación no rural galego, pechar o ciclo produtivo e de valor da madeira e favorecer aos propietarios de montes, e xerar sinerxías con dous sectores clave da economía galega como son o téxtil e o forestal.

 

2º- Instar á Xunta de Galicia a dar prioridade a este proxecto de interese estratéxico, sempre garantindo o cumprimento da máis estrita normativa medioambiental, técnica e sectorial que lle sexa de aplicación.

 

3º- Instar á Xunta de Galicia a reiterar ao Goberno de España a necesidade de concretar liñas de apoio no marco dos fondos europeos Next Generation para o desenvolvemento deste proxecto coa maior celeridade posible.

 

4º- Instar ao Goberno galego a dirixirse ao Goberno de España para esixir que inclúa na Planificación da rede de transporte de enerxía eléctrica 2021-2026 todas as medidas xa trasladadas reiteradamente pola Xunta de Galicia e que son precisas para dar resposta ás necesidades dos proxectos industriais intensivos en enerxía cuxa viabilidade e competitividade dependen da conexión eléctrica, como a construción dunha subestación eléctrica para a subministración da planta de Altri en Palas de Rei".​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina