saltar ao contido

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 29 de maio de 2024

 

3.1    512 (12/PNP-000029)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Lorenzo Gómez, Rubén e 8 máis

Sobre a demanda que debe dirixir a Xunta de Galicia ao Goberno central co fin de que axilice a normativa estatal derivada da Lei orgánica 3/2022, do 31 de marzo, de ordenación e integración da Formación Profesional

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 9f1, do 11.04.2024

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar ao Goberno de España que, cumprindo co seu propio calendario, publique de inmediato toda a normativa reguladora da Formación Profesional (FP) que aínda está pendente e habilite unha partida específica para financiar o seu desenvolvemento, elaborando unha memoria económica da implantación da nova lei estatal de FP"

 

3.2    707 (12/PNP-000061)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Trenor López, Gonzalo e 8 máis

Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central para que cumpra os seus compromisos en materia de conectividade e de cobertura territorial das redes de telecomunicacións

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 9f1, do 11.04.2024

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia:

 

  • A que reclame a o Goberno de España que cumpra os compromisos que asumiu de forma unilateral en materia de conectividade, que teña en conta as características orográficas e sociodemográficas das comunidades autónomas e que permita transvasamentos entre liñas de acción no Compoñente 15 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia– NextGenerationEU.

 

  • A que a través de AMTEGA se sigan a poñer todos os medios e recursos necesarios para que se poidan empregar ao máximo as achegas do Plan Único de Conectividade na nosa terra financiado con fondos do Plan de Recuperación".​


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina