saltar ao contido

Acordos da Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, celebrada o 4 de xuño de 2024

 

A  Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 4 de xuño de 2024, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 418 (12/PNC-000006)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Balseiro Orol, José Manuel e 8 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central para que xestione ante a Comisión Europea a eliminación dos totais admisibles de capturas en caladoiros comunitarios verbo das especies accesorias das que non existen informes científicos concluíntes sobre o seu estado real

BOPG n.º 6, do 05.04.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 14 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:

 

1.- Dirixirse ao Goberno central para que realice as xestións necesarias ante a Comisión Europea para a eliminación dos totais admisibles de capturas (TAC) sobre especies accesorias dado que non existen informes científicos concluíntes sobre o estado real destes recursos pesqueiros en varios caladoiros comunitarios."

 

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 2081 (12/PNC-000263)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Iglesias Rey, Patricia e 2 máis

Sobre a demanda ao Goberno galego da posta en marcha de estratexias para a mellora da produción marisqueira de Galicia

BOPG n.º 16f2, do 24.04.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a afrontar unha estratexia de recuperación da produción marisqueira de Galicia, en liña co apuntado polos colectivos do sector e os axentes coñecedores e afectados por este problema, en especial, que se atenda ás peticións da ría de Camariñas para ter semente e poder rexenerar a ría."

 

- 2574 (12/PNC-000332)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Pérez Fernández, Rosana e 4 máis

Sobre determinadas actuacións que o Goberno galego debe impulsar coa finalidade de mellorar a situación do sector marisqueiro galego

BOPG n.º 20f2, do 02.05.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galiza insta ao Goberno galego a:

 

1.- Desenvolver un proxecto de semente de moluscos bivalvos para garantir o acceso do sector marisqueiro á mesma, que permita acadar progresivamente a autosuficiencia de Galiza en materia de produción e subministro e evitar as importacións para o impulso da actividade marisqueira.

 

2.- Convocar de inmediato as axudas para a repoboación dos bancos marisqueiros e levar a cabo a súa resolución no prazo máis breve posíbel.

 

3.- Tendo en conta que o período de cultivo é inminente, habilitar a corresponde partida económica para adiantar o importe desas axudas ao sector, tomando como base para o anticipo as concedidas en anos anteriores."​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina