saltar ao contido

Acordos da Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 5 de xuño de 2024

A  Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 5 de xuño de 2024, adoptou os seguintes acordos:

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 2163 (12/PNC-000277)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Prado del Río, Paula e 8 máis

Sobre a proposta de resolución que se presenta co fin de que o Parlamento de Galicia se pronuncie en relación con diversos aspectos da invasión rusa de Ucraína

BOPG n.º 20f2, do 02.05.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 12 votos a favor, 5 votos en contra e 0 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia acorda como resolución:

 

1º- Reiterar a máxima condena á invasión rusa de Ucraína e amosar o máis firme apoio ao seu pobo, así como esixir o cesamento inmediato desta agresión bélica, a retirada de todos os medios militares rusos sobre o terreo e o restablecemento das fronteiras e da integridade territorial deste país europeo.

 

2º- Mentres non se dean estas condicións, apoiar as actuacións dos nosos aliados da Unión Europea e da OTAN, para poñer fin ao conflito e restituír a orde internacional baseada no dereito e en regras de e que foi vulnerado unilateralmente por Rusia, á vez que cómpre intensificar os esforzos diplomáticos encamiñados a lograr o fin da agresión rusa.

 

3º- Instar á Xunta de Galicia a manifestar a súa disposición de colaborar nunha resposta humanitaria coordinada co Goberno de España e pedir ao Executivo estatal que incremente os esforzos de apoio a Ucraína en todos os ámbitos (axuda humanitaria, cooperación internacional e apoio militar e de adestramento) no marco da Unión Europea e dos acordos establecidos polo Consello Europeo e a OTAN".​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina