A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión extraordinaria o próximo día 31 de xullo de 2024, ás 13:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 30 de xullo de 2024, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto único Debate e votación do límite de gasto non financeiro da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025, ao que se refire o artigo 12 da Lei 2/2011, do 16 de xuño, de disciplina orzamentaria e sustentabilidade financeira (doc. núm. 8026, 12/LGNF-000001).
Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2024
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente