A Presidencia, á vista da solicitude formulada polas deputadas e deputados do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, resolveu convocar a
Deputación Permanente para o día 14 de agosto de 2024, ás 11.00 horas, coa seguinte orde do día:
Punto único: Solicitude das deputadas e deputados do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, de celebración urxente dunha reunión da Deputación Permanente sobre o proceso de adxudicación e o subrecusto de construcción do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, (doc. núm. 8548; 12/SCDP-000001).
O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.
Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2024