saltar ao contido

Acordos da Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na sesión celebrada o 3 de setembro de 2024

A  Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do día 3 de setembro de 2024, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación por unanimidade con modificacións

 

- 6196 (12/PNC-000746)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Abalde Alonso, Julio Ernesto e López Font, Carlos

Sobre a demanda dirixida á Xunta de Galicia co obxecto de impulsar unha estratexia de loita contra a expansión da alga asiática no litoral galego

BOPG n.º 46, do 03.07.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 15 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a implementar as competencias que lle asigna a “Estrategia de control del alga Rugulopteryx okamurae en España" aprobada o 28.07.2022 en Conferencia Sectorial de Medio Ambiente, para loitar contra a invasión da alga asiática, tendo en conta a natureza e intensidade dos impactos ecolóxicos e socio económicos que produce sobre o litoral, a través dun grupo de traballo onde estean representados a Fegamp e o sector pesqueiro e que se informe ao Parlamento de Galicia".

 

- 6204 (12/PNC-000747)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Fidalgo Iglesias, Miguel e 7 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central co obxecto de ampliar unha exención tributaria do imposto da renda das persoas físicas para fomentar o ingreso de novos tripulantes en buques de bandeira española

BOPG n.º 46, do 03.07.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 15 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar ao Goberno Central unha ampliación á exención tributaria do artigo 7.p, da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e de modificación parcial das leis dos Impostos sobre Sociedades, sobre a Renda de non Residentes e sobre o Patrimonio, ao menos, aos tripulantes españoles que traballen en buques que faenan fora das augas españolas co fin último de estimular o relevo xeracional".

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 6080 (12/PNC-000735)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Hermelo Piñeiro, María Dolores e 8 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central co obxecto de que defenda ante a Unión Europea unha política de descarbonización da frota pesqueira que sexa efectiva, realista e asumible

BOPG n.º 43f1, do 26.06.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 15 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que defenda diante das institucións da Unión Europea unha transición efectiva, realista e asumible na frota, mediante axudas que non impliquen penalizacións e que sexan compatibles coa sostibilidade ecolóxica, económica e social do sector pesqueiro galego".

 

​ 



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina